Estudo da capacidade de adsorción de zinc da macroalga Ulva lactuca A capacidade das macroalgas de actuar como axentes bioindicadores é un fenómeno que se ven estudando nas últimas décadas debido aos altos índices de contaminación. No caso concreto de Ulva lactuca, proposta como obxecto deste estudo, ofrece as calidades biolóxicas e químicas idóneas para converterse nun bo indicador de metais pesados. A ampla dispersión xeográfica desta especie nas costas galegas así como a alta concentración de alxinatos que as especies bentónicas presentan, fan que esta especie poda ser unha gran candidata a bioindicador. Neste traballo realizarase un estudo da capacidade de adsorción dun metal pesado (Zn) pola macroalga Ulva lactuca mediante un bioensaio. Análise de series temporais de variables oceanográficas na contorna do Val de Miñor O cambio climático é un dos principais retos aos que se enfronta a humanidade. Na actualidade, existe unha gran rede de boias oceanográficas as cales poñen a n