Entradas

presentación

Os proxectos de investigación

Imagen
  Estudo da capacidade de adsorción de zinc da macroalga  Ulva lactuca A capacidade das macroalgas de actuar como axentes bioindicadores é un fenómeno que se ven estudando nas últimas décadas debido aos altos índices de contaminación. No caso concreto de Ulva lactuca, proposta como obxecto deste estudo, ofrece as calidades biolóxicas e químicas idóneas para converterse nun bo indicador de metais pesados. A ampla dispersión xeográfica desta especie nas costas galegas así como a alta concentración de alxinatos que as especies bentónicas presentan, fan que esta especie poda ser unha gran candidata a bioindicador. Neste traballo realizarase un estudo da capacidade de adsorción dun metal pesado (Zn) pola macroalga Ulva lactuca mediante un bioensaio.  Análise de series temporais de variables oceanográficas na contorna do Val de Miñor O cambio climático é un dos principais retos aos que se enfronta a humanidade. Na actualidade, existe unha gran rede de boias oceanográficas as cales poñen a n

O IES Val Miñor incorpórase á investigación científica no marco STEMBach

Imagen
O IES Val Miñor implantou na súa oferta educativa a partir deste curso académico 2020/2021 a modalidade de bacharelato de excelencia STEMBach. O programa STEMBach da Consellería de Educación, Cultura e Universidade consiste na realización dun proxecto de investigación polo alumnado de bacharelato que voluntariamente queira cursar esta nova modalidade, en colaboración con centros de investigación da contorna, neste caso con distintos grupos de investigación da Universidade de Vigo e do Instituto Español de Oceanografía (IEO). No IES Val Miñor, un grupo de 7 alumnos e alumnas de 1º de bacharelato desenvolverán o seu proxecto en torno a unha temática común: a relación da poboación humana co entorno oceánico. Os proxectos estarán titorizados por profesorado do centro dos Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Educación Plástica e Visual, Física e Química, Lingua Galega e Literatura e Tecnoloxía e codirixidos por Profesorado universitario e persoal investigador do IEO. O obxectivo do program