Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2021

O IES Val Miñor incorpórase á investigación científica no marco STEMBach

Imagen
O IES Val Miñor implantou na súa oferta educativa a partir deste curso académico 2020/2021 a modalidade de bacharelato de excelencia STEMBach. O programa STEMBach da Consellería de Educación, Cultura e Universidade consiste na realización dun proxecto de investigación polo alumnado de bacharelato que voluntariamente queira cursar esta nova modalidade, en colaboración con centros de investigación da contorna, neste caso con distintos grupos de investigación da Universidade de Vigo e do Instituto Español de Oceanografía (IEO). No IES Val Miñor, un grupo de 7 alumnos e alumnas de 1º de bacharelato desenvolverán o seu proxecto en torno a unha temática común: a relación da poboación humana co entorno oceánico. Os proxectos estarán titorizados por profesorado do centro dos Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Educación Plástica e Visual, Física e Química, Lingua Galega e Literatura e Tecnoloxía e codirixidos por Profesorado universitario e persoal investigador do IEO. O obxectivo do program